UARA

NEURORREHABILITACIÓN INFANTIL E ADULTOS en pontevedra

QUE É UARA?

Terapia ocupacional e logopedia para persoas con patoloxía neurolóxica, en todas as etapas da vida. Valoración inicial e tratamento individualizado en Pontevedra.

Un centro pensado para quen precisa algo máis que rehabilitación xenérica.

UARA naceu da convicción de que as persoas con secuelas neurolócias merecen un tratamento especializado, non un servico estándar adaptado. Somos un equipo de terapia ocupacional e logopedia cunha formación específica en neuroloxía, tanto en adultos como en poboación infantil.

Traballamos en Pontevedra cubrindo un espazo que até agora era difícil de atopar de forma concentrada: atención especializada en neurorrehabilitación, con valoración rigorosa e tratamento baseado na evidencia, para cada fase do proceso de cada persoa.

OS NOSOS SERVIZOS

Terapia Ocupacional

Recuperar a autonomía nas actividades cotiás tras un ictus, un TCE ou un diagnóstico do neurodesenvolvemento. Para adultos e nenos con afectación neurolóxica.

Logopedia

Atención especializada para as alteracións da comunicación, da linguaxe e da deglución de orixe neurolóxica. Adultos e infancia con diagnósticos neurolóxicos ou do neurodesenvolvemento.

Orientación Social

Asesoramento en discapacidade, dependencia, axudas económicas e recursos administrativos. En colaboración con traballadora social especializada, para quen o proceso non remata na clínica.

Como empezamos

Ponte en contacto

Escríbenos ou chámanos para contarnos brevemente a situación. Non fai falta derivación médica nin ningún informe previo.

Valoración inicial

Facemos unha avaliación completa coa persoa e, cando é pertinente, coa familia. Usamos instrumentos estandarizados para entender ben o punto de partida antes de propor ningún plan.

Plan individualizado

Deseñamos un plan con obxectivos claros e medibles, adaptado á etapa vital e ao contexto da persoa. Explicámoscho todo antes de empezar e revisamos o proceso de forma periódica.

Estamos no centro de Pontevedra

Teléfono

+34 613 72 00 79

Email

info@uara-neuro.es

Dirección

Galerias Centro Azul, nº14 (Joaquin Costa, nº19). Pontevedra. 36001

Envía unha mensaxe

Tes dúbidas sobre se podemos axudarvos?

Consúltanos sen compromiso. O primeiro paso é contarnos a situación.